De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción
Situar a cidade como referente do comercio da comarca e os concellos da súa área de influencia. É o obxectivo co que nace o proxecto Pontevedra Capital Shopping. Será, segundo a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, un "paraugas" de promoción do comercio local e da propia cidade.
Anabel Gulías destacou que os pequenos comerciantes de Pontevedra forman unha gran área comercial urbana "cómoda e accesible", cunha oferta "ampla e variada" e cunha vantaxe competitiva asociada ao seu modelo de cidade, un ámbito que "invita a mercar tranquilamente".
Este programa, que contará coa colaboración dun sector "fundamental" no tecido socioeconómico da cidade que "xera emprego e actividade" e cuxos profesionais "viven, traballan e consumen aquí", partirá da elaboración dun mapa de todos os establecementos comerciais da cidade, un primeiro paso para conseguir que Pontevedra "sexa un destino ideal para vir a comprar".
Unha das grandes liñas de traballo será promocionar o comercio local con pequenas actividades, para as que se conta xa coa colaboración de Aempe.
A primeira destas actividades baixo a marca Capital Shopping celebrarase este venres 2 de outubro, ás 20.30 horas. Será unha pasarela de moda na rúa, organizada por cinco comercios da rúa Rosalía de Castro.
Relacionadas:
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |
-
A proposta de 'Pontevedra Capital Shopping' adéntrase no Mercado de abastos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nova imaxe do Soho das Galerías Oliva e Noite de Ilusión do comercio de Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Pontevedra, capital shopping tamén en Vigo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Animada xornada de 'shopping' na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
A Verdura tamén é Capital Shopping
Por Redacción |
-
A moda camiña pola rúa Rosalía de Castro
Por Diego Torrado |