A proposta de 'Pontevedra Capital Shopping' adéntrase no Mercado de abastos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A iniciativa 'Pontevedra Capital Shopping', unha marca de promoción que engloba diferentes actividades económicas e propostas comerciais, chegaba na mañá deste martes 5 de xaneiro ao Mercado de abastos en forma de repartición de chapas e de receitarios para os vendedores e os clientes destas instalacións.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías e o responsable de Mercados, Vicente García Legísima, levaron a cabo a repartición destes agasallos promocionais e anunciaron que están a traballar nun novo enfoque para potenciar toda esta zona do centro e poñer en valor o produto fresco e tradicional.
Gulías destacou o feito de que o mercado de abastos converteuse nunha obrigada visita para os turistas. Neste sentido apuntou que nos próximos días presentaranse algunhas das propostas nas que se está traballando para rehabilitar toda a contorna. Indicou que, desde o goberno local, quérese realizar unha actividade de promoción gastronómica na que se implica o mercado de abastos. Neste sentido, apunta que se está traballando coa hostalería da cidade e engadiu que é necesario explotar estes recursos.
Tamén anunciaron que, a través dos fondos europeos aos que opta o Concello de Pontevedra, tentaríase a mellora dos postos situados no exterior do mercado, baixo os arcos, co dinamismo comercial.
Relacionadas:
-
O Capital Shopping ponse a pé de rúa con accións imaxinativas para promover o comercio local
Por Redacción |
-
A Verdura vístese de pasarela de moda nunha nova xornada de Capital Shopping
Por Redacción |
-
Xurxo Souto promociona a berros as compras en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |
-
Un "food lab market" para dinamizar a praza de abastos
Por Marisa Ciordia |
-
Animada xornada de 'shopping' na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción |