Sanxenxo facilitará aparcar en zona de carga e descarga aos enfermos de crohn e colite ulcerosa
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) para desarrollar no municipio o proxecto “Non podo agardar!” que permitirá aos enfermos utilizar as zonas de carga e descarga para estacionar os seus vehículos durante un prazo de media hora para poder acudir ao baño.
Así mesmo, todas as instalacións municipais lucen unha pegatina identificativa que informa aos enfermos de que se trata de un edificio colaborador e que poden acceder aos baños.
A directiva deste colectivo, presidido por Ángela Paz García, explicou ao alcalde de Sanxenxo, que na firma do convenio estivo acompañado polas concelleiras de Benestar Social, Sandra Fernández Agraso, e de Seguridade Cidadán, Vanessa Rodríguez Búa, os detalles dunha enfermidade (o Crohn e a colite ulcerosa) que afecta a un número importante de cidadáns na área sanitaria de Pontevedra.
O Concello de Sanxenxo súmase así ao de Pontevedra e ao de Poio, primeiros nos que esta asociación buscou apoio para que as persoas que padecen esta enfermidade intestinal melloren a súa calidade de vida e se integren na sociedade sen medo a saír das súas casas, pois trátase dunha enfermidade xenética autoinmune que, polo momento, non ten cura.
Para a utilización da zona de carga e descarga será a propia asociación quen emita aos enfermos diagnosticados unha tarxeta personalizada, que identifica tanto o vehículo como ao seu conductor, facilitando periódicamente un listado dos beneficiarios ao Concello, co obxetivo de que os axentes da Policía Local teñan constancia de que se trata de un coche adherido ao proxecto “Non podo agardar!”
A xunta directiva comprométese a levar un rexistro minucioso de todas e cada unha das persoas que soliciten as tarxetas que se expedirán no Concello de Sanxenxo, para garantir un uso correcto polos seus titulares. O mal uso suporá a retirada da mesma.
Sandra Fernández Agraso, concelleira de Benestar, animou aos directivos a continuar a traballar para facer visible esta enfermidade e que se empecen a regular cuestións que melloren a súa calidade de vida.
Tamén Vanessa Rodríguez Búa amosou a colaboración da súa concellería para facilitar, na medida do posible, que os enfermos poidan realizar as súas actividades cotidianas, facilitando a integración do enfermo na sociedade.
Relacionadas:
-
Os enfermos intestinais e os diabéticos reclaman poder entrar coa súa mochila nos museos e cines
Por Redacción |
-
Doce enfermos de crohn e colite ulcerosa son os primeiros beneficiarios do programa "Non podo agardar!"
Por Redacción |
-
1.390 persoas na área sanitaria de Pontevedra padecen unha enfermidade inflamatoria intestinal
Por Diego Espiño |
-
O hospital Montecelo acolleu un novidoso taller con enfermos de Crohn e colite ulcerosa
Por Redacción |