O hospital Montecelo acolleu un novidoso taller con enfermos de Crohn e colite ulcerosa
Por Redacción
O hospital Montecelo de Pontevedra acolleu este luns un novidoso taller dirixido a pacientes con enfermidades inflamatorias intestinais, en concreto, Crohn e colite ulcerosa.
Segundo explicaron o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chop), José Manuel González, e os médicos Juan Turnes, xefe de servizo de Digestivo, e Daniel Carpio, responsable da unidade, o obxectivo desta experiencia "pioneira" en Galicia é coñecer de primeira man a opinión dos pacientes e mellorar así o tratamento que se lles proporciona no hospital, en aspectos como a accesibilidade, os tempos de espera, a coordinación con outros especialistas, o circuíto asistencial, etc.
O servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra conta cunha unidade específica de dedicada ás enfermidades inflamatoria intestinais, que atende a uns 1.200 pacientes da área de Pontevedra, cuxo obxectivo fundamental é non só mellorar a saúde destes pacientes, senón tamén a súa calidade de vida.
Relacionadas:
-
Sanxenxo facilitará aparcar en zona de carga e descarga aos enfermos de crohn e colite ulcerosa
Por Redacción |
-
O Centro de Saúde de A Parda celebrará obradoiros grupais sobre diabetes, obesidade ou menopausa
Por Redacción |
-
Nace en Pontevedra unha asociación "plural, abierta y participativa" sobre enfermidades intestinais
Por Alejandro Espiño |
-
O CHOP pon en marcha unha consulta especializada en enfermería no Servizo de Dixestivo
Por Redacción |