Ana Pastor repite como cabeza de lista do PP por Pontevedra
Por Redacción
A ministra de Fomento, Ana Pastor, repite como cabeza de cartel do Partido Popular por Pontevedra nas eleccións xerais segundo acordou o Comité Electoral Nacional do PP, reunido este venres na súa sede da rúa Génova.
O Comité de Campaña da formación no municipio de Pontevedra estará coordinado polo concelleiro popular, José Luis Martín.
Na tarde do venres, aproveitando a visita á mesa informativa instalada por Novas Xeracións de Pontevedra na praza da Peregrina, o portavoz popular, Jacobo Moreira presentou unha moción en defensa do Estado das Autonomías que levará ao vindeiro Pleno Municipal do mes de novembro.