Pastor envía desde Pontevedra unha "mensaxe de tranquilidade" aos usuarios de portos, aeroportos e estacións ferroviarias
Por Redacción
A ministra de Fomento, Ana Pastor, enviou unha "mensaje de tranquilidad a los ciudadanos" que nestes días acudan aos portos, aeroportos e estacións de ferrocarril tras os atentados de París, que cualificou de "dramáticos y terribles".
En declaracións aos medios con motivo da súa asistencia á xunta directiva do PP provincial de Pontevedra, Pastor asegurou que se están tomando "todas las medidas necesarias para garantizar la paz y la tranquilidad de las personas".
A titular de Fomento asegurou que "estamos trabajando con toda la intensidad" sobre o cumprimento dos "protocolos" e lembrou que "desgraciadamente" en España tense "experiencia en lucha contra el terrorismo".
Ana Pastor aproveitou para "dar las gracias a todos los profesionales" que, non só durante a pasada fin de semana, senón tamén "todos los días", prestan os seus servizos nos portos, aeroportos e estacións "para que la gente viva tranquila".
XUNTA DIRECTIVA DO PP
Acompañada de Irene Garrido e Pilar Rojo, números dous e tres da lista do PP ao Congreso que encabeza Ana Pastor pola provincia de Pontevedra ás próximas eleccións xerais do 20 de decembro, a ministra de Fomento comprometeuse a "intentar trabajar tanto o más que en estos cuatro años", asegurando que o Goberno que preside Mariano Rajoy "hemos cumplido con los gallegos y los pontevedreses".