Un Pleno simbólico restitúe a derradeira corporación republicana de Cuntis
Por Redacción
O mes da recuperación da memoria histórica de Cuntis chega ao seu término este sábado 31 de outubro cun acto simbólico co que os organizadores pretenden honrar e homenaxear a todos os represariados durante a guerra e a ditadura franquista. A partir das 12.00 horas celebrarase na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres un Pleno de restitución da derradeira corporación republicana en Cuntis antes do golpe de Estado de xullo de 1936.
Seguindo a liña de calquera pleno ordinario do Concello de Cuntis, este tamén estará presidido polo alcalde, Manuel Campos Velay, que abrirá unha quenda de intervencións dos portavoces dos grupos con representación na actual corporación, convidados dende a Concellería de Cultura á asistencia deste acto.
Posteriormente, tomará a palabra Vanessa Fuentes Guerra, bisneta do alcalde republicano de Cuntis en 1936, Manuel Rodríguez, asasinado polos golpistas. Despois dela será o turno de outros familiares de cuntienses represaliados durante a ditadura.
O acto estará acompañado pola música de Manoele de Felisa e por Mini e Mero erematará na Horta do Cura. Alí descubrirase unha placa que honrará a todos os cuntienses represaliadas durante a ditadura franquista.