Preocupación en Cuntis pola perda de alumnado do colexio do municipio
Por Redacción
O goberno municipal de Cuntis está preocupado ante a "redución considerable" do número de alumnos e alumnas matriculados no CPI Don Aurelio, o único colexio do municipio.
É unha consecuencia, entenden, da perda de poboación que Cuntis vén sufrindo nos últimos anos e agravada porque ou ben as familias marchan do concello ou deciden matricular aos seus fillos en colexios doutros concellos da comarca.
Co obxectivo de paliar esta sangría, dende o Concello sinalan a necesidade de iniciar un traballo conxunto, en colaboración coa dirección e a ANPA do centro, para detectar os principais motivos da perda do alumnado e así traballar na procura de medios que eviten a marcha do alumnado do CPI Don Aurelio, "centro que sempre se caracterizou pola excelente formación das crianzas".
Nas vindeiras semanas, o departamento de Cultura convocará a toda a comunidade educativa para comezar a traballar "canto antes" na procura de medios, intereses e obxectivos que axuden á permanencia de alumnado no centro e a posibilidade de ofertar unha proposta lúdica que permita que as fines de semana as mozas e mozos de Cuntis "queden na vila".
Relacionadas:
-
O PP de Cuntis recolle as queixas polo "estado de abandono" do colexio público Don Aurelio
Por Oskar Viéitez |
-
Cae parte do falso teito no colexio público Don Aurelio de Cuntis
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis culpa da perda dunha subvención á "nefasta" xestión do anterior alcalde
Por Oskar Viéitez |