Remata a reforma do Ximnasio de Tenorio en Cotobade
Por Redacción
Xa está finalizada a reforma do Ximnasio da parroquia de Tenorio en Cotobade. A Xunta de Galicia levou a cabo a remodelación da cuberta cun importe de 26.000 euros durante este verán mentres que o Concello acometeu obras de mellora na estrutura da instalación.
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, considera que esta intervención mostra o traballo das dúas administracións para mellorar as instalacións públicas educativas. Segundo apunta, tanto a administración autonómica como o goberno local investiron no últimos catro anos e medio máis de 140.000 euros nos colexios de Tenorio e de Carballedo.
Na súa visita ás obras de remodelación da cuberta, os responsables de Educación comprometéronse a asinar un convenio co Concello de Cotobade para a rehabilitación do peche perimetral exterior. Segundo anuncia o goberno local, durante as próximas semanas anunciarase a execución destas obras.