Berro pontevedrés contra a violencia machista: "Querémonos vivas"
Por Redacción
Grupos de acción feminista, representantes de partidos políticos, integrantes do tecido asociativo e cidadáns en xeral déronse cita este mércoes ante a Audiencia Provincial de Pontevera para berrar un "Non" pontevedrés ao último caso de violencia machista no que o luns unha muller apareceu morta na súa casa en Vigo tras ser presuntamente asasinada pola súa parella. "Querémonos vivas" rezaban algúns dos carteis que ergueron os asistentes e cos que pediron a implicación de toda a sociedade na loita contra os crimes por cuestións de xénero e todo tipo de violencia contra as mulleres.
A concentración convocouse en repulsa ao asasinato machista de Silvina De Oliveira, a cuarta muller asasinada en Galicia neste ano 2015, pero tamén para "berrar que non é tolerable que catro mulleres foran asasinadas en 48 horas por violencia machista" mentres os estamentos públicos e a socidade "quedan impasibles". "Non imos quedar caladas", anunciaron.
Máis dun cento de persoas secundou a protesta, á que asistiron representantes de todos os partidos políticos con representación en Pontevedra -BNG, PSOE, Marea, PP e Ciudadanos-, ademais doutras formacións como Podemos, e na que se leu un manifesto reivindicativo que denunciou que as vidas das mulleres "parece que non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nin a mesma resposta ca de tratarse doutro tipo de terrorismo" e que a actual é xa unha "situación insostible para as mulleres".
O manifestou arremeteu directamente contra o Goberno do Partido Popular por "invisibilizar" este feminicidio. Esta afirmación despertou o enfado dalgúns grupos políticos como o PP ou Ciudadanos (C's). Precisamente, a conselleira deste último partido en Pontevedra, María Rey, foi moi dura ao remate porque entende que "las luchas políticas se libran en los escenarios que tenemos a nuestra disposición y finalizan en las urnas" e, na súa opinión, "no se puede utilizar la violencia de género con fines partidistas" e "somos muchos los que luchamos contra la violencia independientemente de nuestras ideologías".
Relacionadas:
-
Os actos do 25-N en Pontevedra xirarán en torno aos disfraces do machismo
Por Redacción |
-
PP e Ciudadanos propoñen despolitizar as concentracións contra a violencia machista
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra pide "tolerancia cero" ante a violencia machista: "Ás mulleres estannos asasinando"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As concentracións de repulsa pola violencia de xénero celebraranse a partir de agora ante a Audiencia
Por Diego Espiño |
-
Condena pública ao caso de violencia machista rexistrado en Vigo
Por Mónica Patxot |
-
Women in black para tomar conciencia sobre os asasinatos machistas
Por Redacción |