Perfecto Rodríguez insiste en que o crematorio conta con licencia legal e que o alcalde engana os veciños
Por Redacción
O ex alcalde de Ponte Caldelas e portavoz do Partido Popular, Perfecto Rodríguez, sinala que o actual alcalde, Andrés Díaz, segue enganando aos veciños sobre o crematorio da Reigosa. Apunta a que a xunta de goberno local do pasado luns deu o visto e prace á licenza de apertura desta instalación no polígono industrial. Fíxoo cos votos a favor de toda a xunta de goberno e coa abstención do representante de AVP, Alfonso Gutiérrez.
Esta actitude demostra, segundo Perfecto Rodríguez, que non se pode votar en contra dunha licenza que é legal. Da mesma forma que en febreiro se concedeu a licenza de obra polo anterior goberno.
O anterior alcalde indica que o seu goberno non fixo nada especial para blindar a licenza do crematorio como queren facer ver os membros do goberno tripartito, sinxelamente, afirma, concedeuse unha licenza de obras a un proxecto que cumpre a lei.
E engade que Andrés Díaz segue coa "leria barata" cando se dirixe aos veciños e dilles que vai pechar preventivamente o crematorio se incumpre a normativa. Rodríguez entende que isto é unha obviedade e asegura que o Concello non vai realizar inspeccións técnicas especiais senón que serán as previstas polo servizo de Calidade Ambiental da Xunta, cun medidor que controla as emisións da caldeira do crematorio.
Relacionadas:
-
O PP de Ponte Caldelas pide a dimisión do alcalde ante a sentenza que desestima o recurso contra o crematorio
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas conxelará taxas e impostos
Por Redacción |
-
Andrés Díaz promete na Reigosa pechar cautelarmente o crematorio se detecta irregularidades ambientais
Por Redacción |
-
O exalcalde Perfecto Rodríguez pregunta: "onde están agora os das pancartas contra o crematorio?"
Por Oskar Viéitez |