Convocan unha concentración para reclamar os dereitos dos pensionistas o Día das Persoas Maiores
Por Redacción
O sindicato Comisiones Obreras (CC.OO.) convocou unha concentración para o xoves 1 de outubro de 2015 ás 12.00 horas con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores ante a Subdelegación do Goberno na praza de España en Pontevedra.
Tras a concentración, os participantes entregarán un manifesto na Subdelegación no que reclamarán ao Goberno de Mariano Rajoy que rectifique a nova fórmula de revalorización das pensións, os recortes sanitarios, copago sanitario, reformas fiscais para garantir os recursos para o bo funcionamento dos servizos públicos incluíndo o sanitario, ademais da redución do IVE para todos os bens e servizos vinculados á alimentación e á enerxía, a creación dunha renda mínima estatal.
O colectivo de Pensionistas e Xubilados de CC.OO. reclama a eliminación de todas aquelas medidas levadas a cabo, segundo este sindicato, coas que se agrava cada vez máis a difícil situación das familias traballadoras e dos pensionistas que conforman a principal fonte de ingresos de máis do 30% dos fogares.