Os pensionistas de CC.OO. volven saír á rúa para protestar contra os recortes
Por Redacción
Un grupo de pensionistas e xubilados do sindicato Comisións Obreras concentrábase na mañá deste xoves 2 de outubro ante a sede do Instituto Xeral da Seguridade Social para protestar en contra dos recortes que aplica o Goberno central.
Trátase da primeira concentración dunha segunda etapa de actos de protesta en contra dos recorts dos dereitos dos pensionistas. Luis Camiña, secretario xeral dos pensionistas de CC.OO., mostraba o seu rexeitamento á que considera escasa subida do 0,25% da pensión para o 2015 anunciada polo Goberno xa que só supoñerá unha suba inferior a 2 euros. Camiña indica que se trata dunha burla para os cidadáns ao entender que os pensionistas constitúen case o 40% da poboación actual de España que se ven obrigados a manter moitas familias que teñen os seus membros no paro.
A protesta céntrase tamén nos recortes que sofre a sanidade pública e a perda de dereitos do Estado de Benestar con eliminación de axudas da Lei de Dependencia.
Camiña indicou que cada mes levarán a cabo unha concentración á espera de que se produza un cambio nas políticas económicas do Goberno. "Sairíamos a rúa para darlle ás grazas se atendensen ás necesidades do país", asegurou o representante dos pensionistas.
Relacionadas:
-
Convocan unha concentración para reclamar os dereitos dos pensionistas o Día das Persoas Maiores
Por Redacción |
-
A situación económica dos pensionistas reduce a súa participación nas actividades de ocio e respiro familiar
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración de pensionistas de CC.OO. ante as oficinas da Seguridade Social
Por Redacción |