O xersei a raias ponse de moda en Marín
Por Diego Torrado
Ataviados con camisetas e xerseis a raias, como naquel clásico dos Homes G, centos de mozos gozaron do San Migheleiro polas rúas de Marín nunha maratón de ata 47 bares que sacaron as súas barras á rúa para animar a festa no seu 25 aniversario.
A música das charangas ambientou a xornada para dar paso, ao mediodía ao grupo Fase Rem, na Alameda e a medianoite, ao concerto de Novidades Carminha no Parque Eguren.
A néboa presente durante toda o día non impediu o desenvolvemento da festa.