Os socialistas de Cotobade piden que a hospitalización a domicilio teña cobertura en todo o municipio
Por Redacción
Os socialistas de Cotobade veñen de solicitar no último Pleno que a hospitalización a domicilio (HADO) teña cobertura en todo o concello. Será necesario coñecer que zonas poden ser atendidas e logo solicitar que se lle preste servizo.
Con motivo de mellorar a atención dos enfermos, e sabedores de que un paciente sempre que poida, donde mellor se atopa e no seu domicilio, creouse a hospitalización a domicilio, coma unha ponte de unión entre a atención primaria e o hospital, evitando o ingreso hospitalario do enfermo e poder así dispensarlle no seu domicilio a mesma atención que recibe no hospital.
O ingreso en HADO ten que solicitalo o médico responsable do paciente, ben hospitalario ou de cabeceira, estando conforme o paciente e familia, sempre que exista un cuidador principal e poidan dispensar a mesma calidadade que a hospitalaria.
En Cotobade hai familias que solicitaron información na cobertura deste sistema, xa que a día de hoxe non se ten moi claro que parroquias teñen cobertura, e denegándandolle este servizo a familias a tan só 10 kilómetros de Pontevedra.