Os afectados pola A-57 están preocupados ante o inminente inicio das obras

Por Oskar Viéitez
Os afectados pola A-57 están preocupados ante o inminente inicio das obras anunciado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, para a primeira quincena de outubro.
A plataforma Salvemos A Fracha celebrou este luns unha reunión informativa no lugar de Pintos na que o enxeñeiro técnico Roberto Ocampo explicou cómo se desenvolven os procedementos de inicio deste tipo de obras e resolveu as dúbidas dos veciños.
Non recibiron ningún dato sobre os terreos que vai ocupar a empresa San José nin sobre as expropiacións
Os afectados non recibiron ningún dato sobre os terreos que vai ocupar a empresa San José nin sobre as expropiacións que a construción da A-57 vai causar.
Este feito agrava a "preocupación e nerviosismo" que os veciños afectados veñen padecendo ante o "escurantismo" que segundo levan tempo denunciado, existe entorno a dito proxecto.
Os integrantes e técnicos da plataforma seguen defendendo que "a verdadeira circunvalación de Pontevedra é a AP-9" e continúan "asombrados" ante as declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores de que o tráfico pesado en sentido norte-sur pasa polo centro de Pontevedra. Dende Salvemos A Fracha seguen mantendo a tese de que "o máis eficiente, ecolóxico e xusto para os pontevedreses e para os usuarios é que desprivaticen a AP-9, o que xa debería ser unha realidade dende hai anos a custe cero".
Por iso este colectivo cre que as declaracións de Ana Pastor son "unha falacia a prol dos intereses das grandes construtoras e non se entende por qué o goberno municipal se suma a este tipo de políticas".
No seu encontro coa ministra, o alcalde ligou, unha vez máis, a efectividade do tramo Vilaboa - A Ermida coa construción dos seguintes tramos, neste sentido Salvemos A Fracha di que con iso Fernández Lores "mostra a súa preocupación de que non se executen".
Finalmente engaden que é "estraña tamén a preocupación que amosa neste encontro polos 'danos posibles á contorna' e que fale de 'porta aberta' cando leva máis de un ano sen escoitar as demandas dos veciños".
Relacionadas:
-
En Marea defenderá no Congreso e o Parlamento que os fondos da A-57 se destinen a liberalizar a AP-9
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' denuncia ante a Audiencia Nacional o inicio das obras da autovía A-57
Por Redacción |
-
Fomento non esperará polo fallo da Audiencia Nacional e reitera que a A-57 "se podrá iniciar este mes de octubre"
Por Diego Espiño |
-
"Preocupación" de 'Salvemos a Fracha' polo "precipitado" proceso de expropiacións da autovía A-57
Por Redacción |
-
Fomento empeza a pagar as expropiacións dos terreos afectados pola A-57
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pastor anuncia "en la primera quincena de octubre se va a iniciar la obra de la circunvalación"
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Marea non irá á inauguración da avenida Josefina Arruti polo "desprezo" de Ana Pastor aos pontevedreses
Por Redacción |