A caída dunha árbore en San Brais afecta a un coche aparcado e mobiliza os Bombeiros
Por Diego Espiño
O temporal de vento e choiva que afecta a Galicia dende este martes non provocou incidencias reseñables durante a noite na cidade de Pontevedra, logo dunha tarde de martes complicada aínda que sen grandes danos.
Con todo a xornada arrancou este mércores coa caída dunha póla sobre a estrada na subida a San Brais, xunto ao supermercado Lidl da Avenida de Vigo.
Os Bombeiros recibiron a alerta ás 8:00 horas, desprazando ata o lugar a dúas unidades ao igual que a Policía Local pois o tráfico na vía viuse afectado, aínda que ao non ser unha rúa de grande tránsito púidose canalizar con normalidad.
A peor parte levouna un vehículo aparcado na zona, que sufriu danos de consideración ao caerlle encima a póla.
Os Bombeiros, tras asegurar a zona, procederon a retirar o pedazo de árbore. Ademais o guindastre retirou outro coche ante o risco dunha nova caída, quedando a situación restablecida logo dunha hora.
PONTEVEDRA, A PROVINCIA CON MAIOR NÚMERO DE INDICENDIAS
Segundo informa o Centro de Atnción ás Emerxencias 112 Galicia, a provinicia de Pontevedra foi a máis afectada da comunidade polo temporal no seu periodo de máxima incidencia, de 18:00 horas do martes ás 8:00 horas do mércores.
Durante ese tempo o 112 atendeu un total de 50 incidencias relacionadas coa climatoloxía, polas 32 da Coruña e as 24 de Lugo e Ourense.