Un temporal de choiva e vento obriga a activar o nivel laranxa de alerta para o martes
Por Redacción
A chegada dunha forte borrasca o vindeiro martes 15 de setembro provocará o primeiro temporal da tempada na costa de Rías Baixas.
Trátase dunha cicloxénesis explosiva que afectará a todo o noroeste peninsular e en especial á provincia de Pontevedra, onde o Servizo Estatal de Meteorología (AEMET) activou o nivel laranxa de alerta polas abundantes precipitacións, forte vento e mal estado da mar previsto para toda a xornada.
Segundo esta previsión, en Pontevedra pódense chegar a rexistrar choivas persistentes de ata 90 litros por metro cadrado no espacio de 12 horas.
A alerta é amarela en canto aos ventos, que serán fortes do sur e poden superar os 80 quilómetros por hora, mesmo nivel de alerta que o activado na costa por vento e por olas de cinco metros.
As temperaturas pola súa banda manteranse estables, cun lixeiro ascenso das mínimas.
As choivas continuarán o mércores e non remitirán, en principio, ata que se aproxime a fin de semana segundo as prediccións a medio prazo de AEMET e de MeteoGalicia.