O PP solicita que manteñan a Escola de Gaitas da Deputación
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular presentou este luns unha moción para apoiar a continuidade da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación, e solicitar ao goberno bipartito que renove o convenio que permite formar a preto de 700 músicos cada curso.
Recordan os populares que hoxe xa son 500 os alumnos afectados, persoas que pagaron a matrícula deste curso e que non van poder recibir a formación, cifra á que hai que engadir o alumnado pendente de matricularse no prazo que se abre coincidindo co inicio do curso.
Os populares entenden que o proxecto da Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra "está avalado por anos de experiencia no ensino dos diversos instrumentos (gaitas, zanfona, percusión e pandeireta), traballando na formación de músicos tanto a nivel individual como colectivo a través da banda".
Conta con escolas en Vigo, Pontevedra, Lalín, Cangas e Vilanova de Arousa, nas que tamén participan alumnado doutros concellos limítrofes. "Un espléndido e xa consolidado traballo do que o PP sempre se amosou moi satisfeito e que agora está en perigo de desaparecer pola decisión do bipartito da Deputación, que xa apuntaron aos responsables da escola a súa intención de rescindir o seu apoio", denuncian.
Por este motivo os populares esixen ao goberno provincial a que reconsideren esta postura, e continúe apostando por unha ferramenta que mantén moi viva a tradición musical galega, a súa música e os instrumentos que a compoñen.
Relacionadas:
-
A Deputación "non pecha as Escolas da Banda de Gaitas"
Por Redacción |
-
Alumnos da Escola de Gaitas reclaman a Carmela Silva a continuidade do centro
Por Alejandro Espiño |
-
Representantes da Escola de gaitas queren reunirse con Carmela Silva e con Fernández Lores
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación deixa de financiar a Escola de Gaitas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz | Creada e actualizada