Sanxenxo mira cara ao espazo infinito
Por Redacción
O Pazo Emilia Pardo Bazán acollerá os días 20, 21 e 22 de agosto un curso de iniciación á Astronomía nun horario que irá de 10 a 13 horas. A actividade englóbase no programa Todocosmos, de divulgación astronómica, ofertado polo observatorio astronómica Ramón María Aller, da Universidade de Santiago, que ten por obxectivo achegar a ciencia astronómica a toda a sociedade.
O colofón a este curso poñerao unha sesión de observación programada para a noite do día 22, ás 22 horas, dende a Rosa dos Ventos, no Paseo de Silgar.
As persoas que desexen participar deberán inscribirse na Oficina de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo ou chamando ao teléfono 986 744 909
"O MEU PESADELO FAVORITO"
Por outra parte, a libraría Nós de Sanxenxo clausura este mércores o seu "Verán Literario" coa presentación do libro "O meu pesadelo favorito", de María Solar, con ilustracións de María Lires, unha novela gañadora do Premio Guía 2014.
O acto de presentación terá lugar no Hotel Xusto ás 20.30 horas e a autora estará arroupada por Ofelia Grande, da editorial Siruela, e por Víctor Freixanes, de Galaxia, así como polo organizador do evento, o xerente da Libraría Nós, Xaime Corral.