Zumba solidaria en Ponte Caldelas para conseguir material escolar
Por Redacción
Satisfacción pola boa acollida e a alta participación no Festival Solidario de Zumba organizado en Ponte Caldelas, que malia a presenza da chuvia se puido celebrar tras cambiar a súa situación inicial, na Alameda, e trasladarse ao Pavillón Municipal.
A iniciativa, que tamén contou cunha 'máster class', estivo organizada por Adriana García, instrutora de Zumba, en colaboración do Concello de Ponte Caldelas, Cáritas e as ANPA de colexio e instituto do municipio.
O obxectivo era recadar material escolar que será entregado ás familias con problemas económicos ou en risco de exclusión social e axudalos así na volta ao cole dos seus fillos.
A gala solidaria contou coa participación do dúo musical 'Los Magos', o baile do ventre de 'Las Esmeraldas del desierto' e as actuación de 'Jane Zouk y Luisinho Astral', ademais dos instrutores de Zumba.