Factoría Naval, hai luz ao final do túnel?
Por Oskar Viéitez
Logo de dous anos e medio e un buraco de 57 millóns de euros, este mes Factoría Naval saldará as súas contas coas auxiliares.
A dirección do asteleiro marinense informaba onte ás máis de trescentas empresas auxiliares que o pasado 31 de decembro puxo a disposición dos proveedores "os importes necesarios para poder atender aos seus compromisos de pagos". En total 6,5 millóns de euros en pagarés avalados por Xesgalicia e o Igape.
Case todas as auxiliares cobraron xa as cantidades pendentes e as que non o fixeron é porque teñen trámites pendentes de resolver.
Sae así Factoría Naval do longo túnel no que se meteu no ano 2010 tras presentar o concurso de acreedores. Durante esta travesía quedaron atrás moitas pequenas empresas e autónomos, e o persoal de Factoría viuse drásticamente recortado. Os proveedores non tiveron outra que aceptar dúas quitas, é dicir, perdoaron máis de 22 millóns de euros. Ademais tivo que entrar a Xunta a negociar coas entidades financeiras.
Aquí a dirección do astillero conseguiu da Xunta axudas oficiais por valor de 23 millóns de euros.
O 2013 arrinca agora coas gradas de Factoría Naval ocupadas. Iso si, xa non son aqueles iates de luxo, senón a reparación de barcos, limpeza, mantemento. O último en saír do taller foi o Praia de Sartaxens, un arrastreiro conxelador, o seu sitio será ocupado por outro pesquero, o Ana Gandón.
Con todo está actividade non é mérito de Factoría Naval, sinó da que fose unha dos seus principais auxiliares, o astillero Nodosa, que lle ten alugadas parte das instalacións e subcontratado o persoal.