Factoría Naval de Marín volve á vida tras un ano de inactividade
Por Diego Espiño
Logo de dous anos de escuridade, con dous procesos concursais, despedimentos, negociacións e ata anuncios de peche por parte dos directivos do estaleiro, Factoría Naval comeza a ver a luz ao final do túnel.
A actividade volve á firma marinense, parada desde xullo de 2011, co contrato de reparación do remolcador Monfort. Ese vai ser a partir de agora o obxectivo de Factoría. Obrigado a reciclarse, centrarase en reparar e manter buques.
En declaracións a Faro de Vigo, Rafael Outeiral, voceiro da industria naval auxiliar da comarca, destacou a importancia do contrato "Más que por el volumen, este encargo es importante por el hecho que supone de volver a la normalidad, del mismo modo que genera confianza a los posibles clientes".
Dos máis de 100 traballadores de hai tres anos, só permanecen en plantilla 30
Apenas queda un cuarto do persoal de hai tres anos. Tan só 30 empregados que polo momento se mostran escépticos á espera de maior carga de traballo, pero esperanzados á súa vez en que a situación poida estabilizarse.
Este primeiro contrato prodúcese tralo pacto a catro bandas coa Xunta, banca, sindicatos e proveedores asinado o pasado 20 de abril e ratificado o último mes.
Pago aos acreedores
Nos próximos días Factoría Naval iniciará os pagos a acreedores pactados no acordo marco. Trátase primeiro do 30% da débeda que o estaleiro tiña en 2010 cos seus proveedores, algo máis de 2,8 millóns de euros. O seguinte prazo vence en decembro, 6,5 millóns con cargo a un préstamo que concedeu Xesgalicia.
Relacionadas:
-
Terceiro preconcurso de acredores para Factoría Naval
Por Redacción |
-
Factoría Naval, hai luz ao final do túnel?
Por Oskar Viéitez |
-
High tech made in Marín. Nodosa constrúe unha novidosa Ecodraga
Por Oskar Viéitez |
-
A reparación de barcos asegura traballo en Factoría Naval polo menos ata final de ano
Por Diego Espiño |