CC.OO. gaña as eleccións sindicais nas oficinas centrais de Ence en Lourizán
Por Redacción
Este xoves 9 de xullo celebráronse as eleccións sindicais nas oficinas centrais de Ence, en Lourizán coa participación de 95 traballadores que elixía un comité de empresa formado por cinco membros.
A estes comicios só CC.OO. e UGT presentaron candidatura. Comisións Obreiras logrou 52 votos e catro postos no Comité mentres que UGT obtivo 8 votos e un posto.
Segundo expón Comisións Obreiras, con estes resultados mantense como o sindicato maioritario dentro do Grupo Ence en Pontevedra, ao sumar os resultados das oficinas centrais, a fábrica de Lourizán e Norte Forestal. O comité queda integrado por 7 delegados de CC.OO, 5 de UGT e 3 de CIG.
O sindicato que conta con José Luis García Pedrosa como secretario comarcal entende que estes resultados referendan o traballo desenvolvido durante o proceso do expediente de regulación de emprego presentado pola empresa durante o pasado ano e na negociación do convenio colectivo.