CC.OO. gaña as eleccións nas oficinas de Ence
Por Redacción
Os traballadores de Ence votaron durante esta xornada nas eleccións sindicais parciais nas oficinas da entidade en Pontevedra, como consecuencia da ampliación do persoal. Este incremento de empregados provocou que o comité de empresa pase de 5 a 9 membros.
No anterior proceso electoral, CC.OO. lograra catro delegados e UXT un. Agora correspondía elixir outros catro novos membros do comité, CC.OO. conseguiu tres e UXT uno. Desta forma, a composición definitiva do comité de empresa queda con sete membros de CC.OO. e dous de UXT.
Neste proceso electoral votaron 90 traballadores de 111 do persoal. Comisións Obreiras obtivo 61 votos fronte a 27 de UXT e 2 votos en branco. Neste centro de traballo atópanse englobados os empregados das oficinas e os forestais.
Despois de que tamén se celebraron as eleccións parciais no comité de Ence da fábrica de Pontevedra, que pasou de 9 a 13 membros, finaliza o proceso electoral na factoría. Elixíronse a 23 delegados pertencentes á fábrica, ás oficinas e a Norfor.
Con estes resultados, Comisións Obreiras obtivo a maioría absoluta no Grupo Ence en Pontevedra, con 12 delegados fronte aos 8 de UXT e os 3 da CIG.