Feridos os dous ocupantes dun vehículo que se saíu da estrada en Portas
Por Oskar Viéitez
O Centro de Atención ás Emerxencias CAE 112 informou dun accidente de tráfico con dúas persoas feridas no concello de Portas.
O sinistro tivo lugar ás 9:30 horas deste xoves e consistiu nunha saída de vía do vehículo no que viaxaban preto do lugar de San Xoán, á altura de Portas.
O particular que chamou o 112 indicou que aínda que unha indisposición do condutor puido ser a causa do accidente, os dous ocupantes do vehículo saíron polos seus propios medios.
O centro de atención das emerxencias de Galicia mobilizou Urxencias Médicas, que desprazou dúas ambulancias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Valga e a Protección Civil de Portas.