Prometen axilizar o "máximo posible" o novo contrato das piscinas de Campolongo ante as críticas do PP
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello axilizará o "máximo posible" o novo contrato de xestión das piscinas de Campolongo. Pero ata que se poida adxudicar, o goberno municipal decidiu prorrogar o contrato coa empresa que, dende o ano 2000, é a responsable destas instalacións. É a sétima prórroga irregular que se asina sobre este contrato, algo que volveu denunciar este luns o Partido Popular.
A decisión tomarase no seo da Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) que se reunirá este martes para constituírse tras as eleccións municipais e tratar o asunto da concesión das piscinas de Campolongo. Neste contexto, o Partido Popular adiantou que se absterá "por responsabilidad y por petición expresa de los trabajadores de estas instalaciones que se encuentran en situación de absoluto desamparo", sinalou o concelleiro popular, César Abal.
"Hace diez días leíamos en la prensa que iban a hacer un negociado sin publicidad por un año, luego que la opción era una nueva prórroga", apuntou. "Creemos que esto no es tolerable, máxime cuando es necesario nuestro voto, porque no tienen mayoría absoluta y necesitan llegar a acuerdos puntuales en asuntos como este", engadiu Abal.
Neste sentido, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, afirmou que o procedemento negociado non é posible porque "non nos daría tempo". O contrato finaliza este martes e un trámite así tardaría "uns tres meses". A pesar do anunciado, non se iniciou no seu momento, aínda que a edil non quixo responsabilizar a ninguén diso. "A situación é a que é", dixo. Ou se prorroga o contrato ou se pechan as piscinas, unha opción esta última que descartan porque hai "máis de 50 postos de traballo en xogo" que perdería o seu dereito á subrrogación se iso sucede.
Así, o Concello aposta por ampliar o contrato ata o 30 de xuño de 2016 "ou ata que estea rematado ou proceso administrativo da nova concesión". Anxos Riveiro espera que os trámites se poidan acurtar xa que para os pregos do novo contrato se poderá aproveitar gran parte do expediente anterior, que vinculaba a xestión destas instalacións coa construción do centro lúdico da Parda.
MELLORAS NO NOVO PREGO
Neste sentido, o edil Tomás Abeigón adiantou que os populares votarán a favor de que se inicie o procedemento, pero esixindo que o novo prego inclúa un serie de melloras, polo que reiteran que o Goberno debe contar coa opinión dos principais actores destas instalacións para a súa elaboración: usuarios, empregados e clubs deportivos.
Estas melloras resúmense en cinco puntos que supoñen:
- A construción dunha pequena grada que posibilitaría a celebración de campionatos de menor índole.
- A creación duns “espazos compartidos” para clubs e empregados, tanto para a a celebración de reunións como para a utilización dun pequeno almacén.
- Maior aproveitamento da cafetería, orientándoa cara o exterior o que permitiría a súa apertura en horario independente ao centro.
- Manter a lámina de auga para os clubs (al menos catro rúas).
- Equiparación salarial dos traballadores do complexo das piscinas de Campolongo cos traballadores do IMD.
"Estas son nuestras peticiones. Las exigencias que creemos debe incluir el nuevo pliego y que nosotros desde el IMD vamos a defender porque entendemos que hay que gobernar para los pontevedreses y no para las concesionarias", sentenciou Tomás Abeigón.
Relacionadas:
-
CCOO denunciará á concesionaria das piscinas de Campolongo ante Traballo e Sanidade
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Serviocio nega que a situación das piscinas de Campolongo sexa "alarmante" como denuncia o PP
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban a prórroga do contrato das piscinas de Campolongo e iniciar os trámites para o novo
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón melloras para o novo prego das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
Desestimado o recurso dos empresarios de ximnasios contra o proxecto de Campolongo e A Parda
Por Redacción |