O PP propón melloras para o novo prego das piscinas de Campolongo
Por Redacción
O candidato á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuniuse este xoves pola tarde cos catro clubs deportivos de auga, Club Natación Sincro Pontevedra, Club Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO), Waterpolo Galaico Pontevedra e Natación Master Pons Vetus, que veñen desempeñando a súa modalidade nas instalacións do Complexo Deportivo de Campolongo.
Se o pasado xoves reuníase cos representantes dos traballadores, agora Jacobo Moreira o fai cos clubes deportivos que veñen utilizando as instalacións de Campolongo para poder practicar as súas modalidades.
"No anterior prego, por non atender aos principais actores de estas instalacións cometeuse un prexuízo para todos eles, ao reducir as láminas de auga das catro actuais a tan só dúas, o que imposibilitaba que puidesen seguir desenrolando as súas actividades. Agora, temos unha segunda oportunidade, e non se pode caer nos mesmos erros", sinalou o candidato popular.
Nunha reunión valorada como "moi frutífera", Jacobo Moreira e os clubes deportivos acordaron unha serie de melloras que non ían incluídas no prego anterior e que son de moi factible aplicación.
Trátase dunha pequena grada, de 6 u 8 filas ó carón do vaso grande que posibilitaría a realización de pequenos campionatos. Un espazo compartido, con sala de reunións e almacén, para os empregados e clubs deportivos e un mellor aproveitamento da cafetería, que debe ser orientada cara ó exterior das instalacións e non cara o interior, para poder posibilitar o seu aproveitamento incluso cando pechan as piscinas.
Relacionadas:
-
Aproban a prórroga do contrato das piscinas de Campolongo e iniciar os trámites para o novo
Por Alejandro Espiño |
-
Prometen axilizar o "máximo posible" o novo contrato das piscinas de Campolongo ante as críticas do PP
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Destapar o río Gafos e crear un parque lineal, proposta do PP para o barrio de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
Desestimado o recurso dos empresarios de ximnasios contra o proxecto de Campolongo e A Parda
Por Redacción |
-
Moreira promete equiparar as condicións laborais das piscinas de Campolongo coas do IMD
Por Alejandro Espiño |
-
María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello renuncia ao centro lúdico da Parda e impulsa un novo concurso público para Campolongo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada