Masa Critica, catro anos reivindicando un espazo para as dúas rodas
Por Redacción
Catro anos leva xa o colectivo Masa Crítica reivindicando un espazo propio para os ciclistas nas estradas de Pontevedra e, para conmemoralo, este xoves 25 de xuño realizaron a súa xa tradicional marcha pola cidade. Nesta ocasión, os ciclistas aproveitaron para recordar a Manuel Mesías e Cristóbal Hermida, os dous ciclistas falecidos os dous últimos anos na PO-11 ou autovía de Marín.
Dende Masa Crítica destacan que a participación de ciclistas foi moi boa, con decenas de asistentes, entre os que estaban políticos como o responsable de Mobilidade do Concello, Luis Bará; o concelleiro do PP Cesar Abal; e Guillermo Casalderrey, de Marea Pontevedra.
Despois do habitual percorrido pola cidade, na autovía de Marín, á altura da rotonda de Malvar realizaron unha homenaxe á familia de Manuel Mesías. Foi un acto "moi emotivo" de recordo ao falecido no que aproveitaron para volver alertar sobre a periosidade desta vía e a urxencia de ter unha alternativa segura que permita aos ciclistas e peóns ir de Pontevedra a Marín.
As actividades do cuarto aniversario de Masa Crítica incluirán a súa colaboración en dúas actividades do vindeiro domingo 28 de xuño. Ás 11.00 hora participarán no 'Ciclopaseo pola Igualdade' que sairá da praza da Peregrina co motivo do Día do Orgullo Gay. Haberá unha peladada pola ciudad, unha mesa informativa, maquillaxe corporal e decoración para bicicletas.
Ademais, colaborarán nunha ruta de iniciación á bicicleta de montaña xunto coa tenda de bicicletas 'El puerto Bike Work Shop'.
Relacionadas:
-
O colectivo Masa Crítica equipa as súas bicicletas con cámaras para denunciar aos vehículos infractores
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Multitudinaria pedalada para pedir unha vía peonil e ciclista segura entre Pontevedra e Marín
Por Natalia Puga |
-
En bicicleta para reclamar máis seguridade para peóns e ciclistas na autovía de Marín
Por Redacción |