Alguén atopa a Colón?

Por Cristina Saiz
Un pobo do século XV, mesmo un do ano 1492, data na que se atribúe a Cristóbal Colón o descubrimento de América. Isto ben podería ser Combarro este sábado despois de que o casco histórico se engalanara para a celebración do Día de Colón e centos de persoas emularon o xeito de vestirse dos habitantes de Poio cinco séculos atrás para participar na celebración. En medio desa viaxe no tempo, hai quen asegurou ter visto ao mismísimo Cristóbal, pero iso xa queda para a imaxinación de cada quen.
Este sábado o que é certo é que en Combarro se puideron ver moitos imitadores e, sobre todo, se reviviu o espíritu que facilmente puido ter rodeado o momento histórico no que os especialistas sitúan ao famoso navegante residindo nesta localidade pontevedresa.
O Día de Colón comezou, en realidade, este venres, coa apertura do mercado artesanal e a chegada da nave Santa María, pero a xornada central da festa foi a deste sábado, cando, animados polo bo tempo, máis espectadores se achegaron ata Combarro. Este ano, ademais, por primeira vez, puideron presenciar unha xusta medieval no paseo marítimo.
A festa, da que foi pregoeiro o escritor Ángel Carracelas, chega este 2015 á súa sexta edición da man da Asociación Combrus, Vides Novas e asociación de empresarios e comerciantes de Poio e inclue un campamento medieval permanente, obradoiros de tiro con arco, esgrima antiga e unha ampla zona infantil cunha mini xusta medieval para os máis pequenos.
O grupo Moura teatro representou unha obra de teatro sobre o libro "Érase unha vez" escrito por Ramon Pedras e o grupo de ximnasia ritmica Saraiba de Poio volveu sorprendernos a todos cun baile medieval. Carreira de barrís ou lanzamentos de alpacas volveron á praza de Portosanto (praza de Chousa) e non faltou unha catapulta de contrapeso en tamaño orixinal.
Colón volve a Combarro
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Máis ambientación e multitude de actividades para a sétima edición do Día de Colón
Por Diego Espiño |
-
O Día de Colón incluirá por primeira vez unha xusta medieval
Por Redacción |
-
Os preparativos do Día de Colón avanzan coa construción de decorados, clases de baile e o sorteo de dous carneiros
Por Redacción |
-
O Día de Colón conquista Combarro
Por Redacción |
-
Combarro regresará á Idade Media esta fin de semana para celebrar un novo "Día de Colón"
Por Redacción |