As rebaixas deixarán no comercio pontevedrés entre 60 e 70 euros por cliente
Por Redacción
O comercio pontevedrés ingresará entre 60 e 70 persoas por cliente durante o período de rebaixas de inverno que comeza o próximo luns 7 de xaneiro.
Os datos achegounos este mércores o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, que calcula que en toda a comunidade se acumulará entre o período de compras do Nadal e as rebaixas unha facturación duns 700 millóns de euros.
O presidente dos comerciantes galegos cuestionou a conveniencia da nova lei de liberalización de horarios e períodos de rebaixas, xa que debido á permisividade da nova normativa hai xa moitos establecementos que empezaron os descontos hai semanas.
Na súa opinión, esta liberalización do período permitido para facer rebaixas "vai desorientar os consumidores porque non sabe cando é o momento idóneo para comprar".
"Nós nunca defendemos isto e non vai ser bo nin para o comercio, nin para o consumidor", sostén, e pide aos comercios que en anos sucesivos atrasen o período de rebaixas, polo menos, ata o 1 de xaneiro e non as comecen antes de Nadal.
Recomenda "polo menos manter esa unión para empezar todos polo menos a partir do primeiro de xaneiro e intensificar a partir do sete a campaña e respectar as datas como se viñan respectando en anos anteriores".