Emerxencias Sanxenxo contará cunha nova embarcación para labores de salvamento
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Servizo de Vixilancia en Praias de Sanxenxo contará este verán cunha nova embarcación.
Así llo confirmou a Consellería de Presidencia ao goberno local, atendendo á petición cursada polo Servizo Local de Emerxencias o pasado mes de xaneiro.
Trátase dunha embarcación de 5,20 metros de eslora que pasará a formar parte dos equipamentos municipais ao tratarse dunha cesión en propiedade.
É a terceira embarcación destinada a labores de salvamento coa que contará o dispositivo de emerxencias local, ampliando a súa dotación de medios grazas á convocatoria de subvencións para concellos de menos de 50.000 habitantes cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.