Cervexa, made in "feita na casa"
Por Diego Torrado
Cebada, auga, lúpulo e fermento, a fórmula da cervexa non é ningún segredo, apenas catro elementos básicos.
A clave está no canto e no como, é dicir, nas proporcións e no tratamento da materia prima e o seu proceso de elaboración.
A fin de semana está chea de degustacións, showcookings e obradoiros de cociña en torno á feira Pontus Lupulus, que reúne na Praza de España a dez produtores de cervexa das comarcas de Pontevedra, Morrazo, Arousa, e da provincia de Ourense.
Tamén houbo concertos e outras actividades musicais.