O martes 12 levantarase a acta de ocupación dos terreos expropiados para as obras de Acuaes
Por Oskar Viéitez
Dentro do Plan de traballo da empresa contratada por Acuaes para acometer as obras da subministración de auga en alta a Marín, estanse a executar esta semana as conexións entre a rede que provén da subestación do Lérez co depósito de Pedreiras.
Segundo informan dende o Concello as obras "avanzan a bo ritmo".
O próximo martes 12 de maio os afectados por estas obras están convocados para efectuar o correspondente levantamento da acta de ocupación da superficies expropiadas, ben de dominio, de ocupación temporal ou da servidume de paso ou acueduto.
Por parte do equipo de goberno valoraron que este proxecto, financiado con Fondos Europeos, supón "unha oportunidade para realizar esta infraestrutura hidráulica que xerará melloras de futuro nun medio prazo".