Fomento inicia a contratación das obras de rehabilitación do firme na travesía de Caldas de Reis
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Fomento iniciou o proceso de contratación das obras de rehabilitación do firme na estrada nacional ao seu paso pola zona urbana do concello de Caldas de Reis.
O proxecto considera fundamentalmente a renovación superficial do firme mediante o fresado e posterior reposición con mesturas bituminosas en quente en tramos puntuais, e a extensión de microaglomerado en frío.
As travesías obxecto deste proxecto son a N-550 e na estrada N-640.
Prevese que esta actuación teña un grande impacto sobre a circulación rodada xa que a estrada nacional 550, é a principal vía de comunicación libre de peaxe ao longo de toda a comarca.
Segundo os datos ofrecidos por Fomento, o pasado ano 2014 este vial rexistrou unha media de 14.413 coches ao día, sen incluír na estatística as motocicletas.