Operativo tráfico pola carreira de bicicletas de piñón fixo
Por Oskar Viéitez
O próximo sábado 2 de maio celébrase na cidade de Pontevedra unha carreira de bicicletas de piñon fixo. Será entre as 16 e 19 horas.
A montaxe iniciarase a partir das 11 horas e o peche das vías á circulación de vehículos será as 15:30 horas.
A saída será na Avenida Montero Ríos percorrendo a Praza de España, Alhóndiga, Bastida, Michelena, Riestra e regreso a Avenida Montero Ríos.
Durante a proba o circuíto estará pechado cun sistema de dobre valado con tres liñas de cinta.
Dada as características da carreira (circuíto pequeno), recomeéndase aos peóns que eviten o paso polo circuíto, xa que, ainda que estarán habilitados cinco pasos, estes estarán condicionados ao paso dos ciclistas co que, en moitas ocasións, haberá que esperar para pasar.
Habilítanse cinco puntos de paso para os peóns controlados por membros de Protección Civil e suxeitos ao paso dos ciclistas na Praza España – Riestra (2), Gutiérrez Mellado con Riestra, Michelena con Fernández Villaverde e Michelena – Marquesa.
Por razóns de seguridade o circuíto permanecerá pechado totalmente ao tráfico, tanto de vehículos como peonil.
A carreira consta de dúas carreiras de bicicletas en circuíto pechado.
- Primeira proba: Carreira de bicicletas clásicas.
- Comezo: 16 horas
- Remate: 16:30 horas
- Número de voltas: 10
- Segunda proba: Carreira de bicicletas de piñón fixo
- Recoñecemento do circuíto: a partir das 17:15 horas
- Comezo: 18 horas
- Remate: 18:45 horas
- Número de voltas: 28
A Policía Local conta que o circuito se poderá abrir a partir das 19:30 horas.