Medio cento de bicicletas sen freos percorrerán o centro
Por Natalia Puga
Polo menos 50 bicicletas 'fixies' (sen freos nin cambio de marchas) percorrerán o centro da cidade o próximo sábado 2 de maio no primeiro Criterium Pontevedra de piñón fixo. Darán 28 voltas a un circuíto pechado dun quilómetro entre Monteiro Ríos, a praza de España, Celeiro, Michelena, Gutíerrerez Mellado, Riestra e, de novo, o ámbito da Alameda ofrecendo un espectáculo que os organizadores definen como "espectacular" e "muy visual".
Francisco Cochón e Rodrigo Roel Larriba presentaron este martes os detalles do evento, cuxa celebración xa adiantara PontevedraViva e que recibiu unha resposta moi postiva entre os afeccionados ao fenómeno 'fixie', unha actividade 'moi urbana' que consiste no uso de bicicletas sen freos, cambio ou cableado.
O ritmo de inscricións detívose nos últimos días porque as previsións de chuvia motivaron que os ciclistas esperen ata o último día para pechar a súa participación, pero xa teñen polo menos 50 confirmados, animados por unha modalidade de carreira que ata agora tan só se celebraba en Madrid, Barcelona, Gijón e Valencia e que, por primeira vez, chega a Pontevedra.
O concelleiro de Transportes, Miguel Filgueira, presentou a cita, a única deste tipo que se celebra en Galicia, que se celebrará este sábado ás 18.00 horas. Unha hora e media antes, ás 16.30 horas, haberá un evento complementario, un criterium de bicicletas vintage anteriores a 1990 que percorrerán o mesmo circuíto. Neste caso, non será competitiva.
O sistema de competición é por eliminación. Unha moto encabezará o pelotón e, cando os corredores máis rápidos dobren aos máis lentos, desclasificaraos. A espectacularidade estará asegurada pola modalidade de carreira, pola calidade dos competidores e porque, en contra do que é habitual, se celebrará polo centro dunha cidade.
Ademais, organizouse toda unha serie de eventos complementarios durante todo o fin de semana cos que se pretende encher Pontevedra da cultura urbana destas 'fixies' que se puideron de moda en Estados Unidos e que están a invadir as principais cidades.
Relacionadas:
-
O piñón fixo dáse a coñecer co primeiro Criterium Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Operativo tráfico pola carreira de bicicletas de piñón fixo
Por Oskar Viéitez |
-
Volve Pontenbici, actividades para fomentar o uso da bicicleta en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O fenómeno 'fixie' chega a Pontevedra co primeiro criterium de piñón fixo
Por Diego Espiño |