Unha ruta por Pontevedra, Moraña e Campo Lameiro, eixe da I Xuntanza Moteira de Verducido
Por Redacción
A parroquia de Verducido celebra o vindeiro sábado 2 de maio a I Xuntanza Moteira no recinto do campo da festa e no pavillón, a carón da igrexa de San Martín de Verducido.
A xuntanza está organizada pola peña Plántalle Lume coa colaboración dos bares Casa Herminda de Verducido e Sergio de Moraña.
A Xuntanza Moteira de Verducido iniciarase ás 16.00 horas cun pincho de benvida. As 17.00 terá lugar un percorrido turístico de 60 quilómetros que atravesará as parroquias pontevedresas de Xeve, Campo Lameiro, Moraña e finalizarán no Pontillón do Castro.
As 20.00 horas terán lugar xogos populares con regalos e as 22.00 horas haberá unha cea de confraternidade para a que se poderá adquirir un ticket ao prezo de 14 euros.
Esta xuntanza moteira rematará cunha queimada e espectáculo a cargo de Javi Giao e cunha festa DJ en mans de Manu GZ de Radio Kyoto FM.