Viascón reincide coa festa gastronómica do becerro ecolóxico
Por Oskar Viéitez
O próximo domingo 31 de maio celebrarase na parroquia de Viascón, ao lado da Casa do Pobo, a segunda Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto, organizado por "Granxa O Castelo", e contará co asador Xavier Giao.
A deputada Ana Isabel Vázquez, o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela e o empresario Roberto Louzán, propietario da granxa "O Castelo", presentaron o cartel da segunda edición da "fiesta más numerosa de las organizadas en el ayuntamiento en 2014" segundo destacou o rexedor de Cotobade.
Asaranse ao espeto becerros das razas autóctonas freiresa e caldelán criados nos montes de Viascón despois dun acordo entre a comunidade de Montes e a empresa Granxa O Castelo.
O menú está composto por empanada, carne asada con cachelos, postre, viño ou auga e queimada, todo por un prezo de 12 euros. A organización aspira a superar as 700 porcións despachadas a pasada edición.
Para os nenos haberá unha zona habilitada con colchonetas inchables.
Jorge Cubela agradeceu o apoio da Deputación na organización desta cita gastronómica coa que se quere "promocionar la carne ecológica de las razas autóctonas" e animou a xente a participar nesta segunda edición.
Pola súa banda, a deputada Ana Isabel Vázquez destacou que para a Deputación á celebración deste tipo de festas gastronómica supón "promocionar nuestros concellos, siendo la gastronomía uno de los reclamos turísticos con los que contamos" á vez que se trata dunha "fiesta novedosa dentro de una tradición que pone en valor el concello de Cotobade con un producto ecológico y de la máxima calidad".