A Deputación de Pontevedra integrarase na Fundación Lago Castiñeiras
Por Oskar Viéitez
O Pleno da Deputación de Pontevedra acordou por unanimidade integrarse na Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo impulsadas polas comunidades de montes de Santomé de Piñeiro e San Xulián de Marín; e Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa para preservar a riqueza ambiental e paisaxística deste enclave natural.
Por proposta do grupo socialista "dado o final desta lexislatura" presentaron unha moción de urxencia instando a incorporación da administración provincial a este "ambicioso" proxecto de valorización dos montes ao que xa se sumaron os concellos de Marín e Vilaboa.
Dende o Partido Popular, a deputada e alcaldesa de Marín, María Ramallo, terzou na proposta sinalando que non lle parecía indicado consignar unha dotación económica, tal e como demandaba o PSdeG, "hasta que se integre la Xunta de Galicia que es quien tiene la cesión de los terrenos" e complétese a tramitación administrativa desta iniciativa público-privada.
Este proxecto, sobre unha superficie de 80 hectareas que inclue o lago de Castiñeiras, contempla a creación dun xardin botánico e un arboreto.
Na actualidade o entorno do lago xa conta con máis de 160 especies vexetais e presentan un considerable abandono. Por elo as catro comunidades de montes impulsan este proxecto que necesitaria unha inversión de 1,3 millóns de euros que garantizaría un desenvolvemento sostible do entorno de todo o lago.
Ademais o proxecto de xardin botánico e arboreto podería complementarse co conxunto megalítico existente entre Castiñeiras e o Xaxán, que conta con 8 mámoas.
Dentro desta fundación, ademais das catro comunidades de monte, que cederían as 80 hectareas de superficie, o proxecto contempla a participación dos dous concellos afectados, Deputación, Xunta de Galicia e a iniciativa privada.
A intención é a valorización do monte a súa preservación e unha explotación público-privada que garanta a súa conservación e sostenibilidade a longo prazo.
Relacionadas:
-
Volverán as barbacoas ao lago Castiñeiras?
Por Redacción |
-
A Fundación Lago de Castiñeiras preséntase en sociedade cunha "xuntanza"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Marín e Vilaboa comprométense co proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo
Por Redacción |
-
As comunidades de montes proxectan un xardín botánico para reformar o Lago de Castiñeiras
Por Anxo Lourido |
-
Catro comunidades de montes planean a xestión conxunta de Castiñeiras-Cotorredondo
Por Redacción |