O BNG de Marín e Vilaboa comprométense co proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo
Por Redacción
As candidatas nacionalistas dos concellos que abrangue o proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, Pilar Blanco e Ornela Salgado, xunto co deputado da comarca do Morrazo, Daniel Rodas, mantiveron unha reunión cos promotores desta fundación e á vez representantes das comunidades de montes de Santomé de Piñeiro e San Xulián de Marín e Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa.
Durante a reunión, que tivo lugar en Vilaboa, os reprensentantes nacionalistas expuxeron as iniciativas que o BNG leva presentado no Parlamento galego para que o goberno da Xunta se implique na creación desta Fundación que pretende sumar ás admistracións locais, á Deputación, á iniciativa privada e sobre todo á Xunta de Galicia nun proxecto de recuperación, dinamización e protección de Castiñeiras e o seu entorno.
“Non debemos perder de vista que esta proposta das comunidades de montes de Marín e Vilaboa é consecuencia do abandono ao que ten sometido a Xunta de Galicia ao parque de Castiñeiras e Cotorredondo. As competencias no mantemento do parque e dos seus servizos son plenamente do goberno galego, en concreto da Consellaría de Medio Ambiente, que manten o parque nun estado de degradación sen precedentes causado pola falta de xestión e mantemento ao longo dos últimos anos”, afirma a candidata do BNG de Marín, Pilar Blanco.
Relacionadas:
-
A Deputación de Pontevedra integrarase na Fundación Lago Castiñeiras
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros queren rescatar aos veciños en situación de emerxencia social
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres negocian co Arzobispado a cesión da casa rectoral
Por Oskar Viéitez |
-
As comunidades de montes proxectan un xardín botánico para reformar o Lago de Castiñeiras
Por Anxo Lourido |