Ferido un septuaxenario ao colisionar a súa moto contra un camión en Mogor
Por Redacción
Un home duns 72 anos resultou ferido nunha colisión rexistrada na mañá deste mércores entre unha moto e un camión no municipio de Marín.
Segundo os datos facilitados polo 112 a colisión aconteceu sobre as 9,30 horas na estrada de Marín a Bueu, á altura da igrexa de Mogor.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao varón ferido ao Hospital Domínguez, segundo indicaron fontes sanitarias.