Perfecto Rodríguez presenta a súa candidatura para revalidar a alcaldía de Ponte Caldelas
Por Redacción
Perfecto Rodríguez encabeza novamente a candidatura do PP en Ponte Caldelas, co obxectivo de revalidar a alcaldía. Esta nova candidatura fórmana un total de 20 membros, 13 titulares e 7 suplentes, cun total de 8 novas incorporacións.
Así o número dous da lista seguirá sendo a súa man dereita Francisco Regueira Regueira, actual tenente alcalde. No número tres repite tamén a concelleira de Xustáns Teresa Martínez Tomé.
Entra na lista ocupando o cuarto lugar, Inés Sánchez Pérez, veciña de Ponte Caldelas que traballa na notaría da vila. Tamén repiten o quinto e sexto posto os actuais concelleiros Gonzalo Martínez Gesteira de Vilarchán e Martina Freire Romero de Pazos.
No sete e o oito incorpóranse novos nomes, Jesús Rosón Riesco de Tourón, actual presidente da Comunidade de Montes deste lugar e Javier Sánchez Otero, presidente da Comunidade de Veciños de Caritel.
No posto nove repite o actual concelleiro de xuventude Ricardo Castro Martínez e os postos dez e once ocúpanos dúas persoas de confianza do alcalde na parroquia de Xustáns, Elsa Ares Juncal e Roberto Otero Mirón, que xa formaron parte da lista nas últimas dúas candidaturas.
Doce e trece son novas fichaxes: Ana Belén Vidal Domínguez de Gradín e Susana Pazos Lois de Mirón.
E como suplentes nos dous primeiros postos sitúanse dous actuais concelleiros Miguel Calviño Pérez de Buchabade e José Manuel Reguera Portela da Fraga, que deixarán a corporación despois de dúas lexislaturas consecutivas.
Completan a candidatura os mozos Xoana Mariño Padín de Pazos, Ángel Gómez Garrido de Barbudo, María Vieitez Martínez de Pazos, Estiven Lorenzo Martínez de Xustáns e Beatriz Iglesias Pérez de Buchabade.