Lito Muíños, candidato dun BNG en Ponte Caldelas que está "preparado para gobernar"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha candidatura na que se mesturan renovación con experiencia e coa que aspiran a desbancar da alcaldía ao Partido Popular. Ese é o espírito co que o BNG de Ponte Caldelas se presenta a estas elección municipais.
Trátase, segundo o seu candidato á Alcaldía, o actual voceiro Lito Muíños, dun grupo de homes e mulleres "que están en condicións de ofrecer unha alternativa realista" e asegura que a cidadanía da vila "nos percibe como unha forza sólida, seria, fiable, que demostra alí onde gobernamos que somos eficientes, honestos, e que colocamos o concello ao servizo das persoas".
Lito Muíños estará acompañado nos primeiros lugares por Manuel Barreiro Martinez, (actual director do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas), de Vilarchán (2); Elisa Fernández Rey, de Rego do Bargo (3); Xosé Xabier Lourenzo Campos, ex concelleiro, de Taboadelo (4); e Herminia Piñón Custodio, de Buchabade (5).
Tres novas incorporacións para os tres seguintes postos: Jorge Vilariño Lorenzo, da Insua (6); Estela Garrido Pereira, da Esfarrapada (7); e Nicolau Sande Barral, residente en Silvoso (8). Tamén van María Ursula Muíños Rodríguez, veciña da vila (9); María Isabel Torres Jack, de Buchabade (10); Luis Ventín Amoedo, de Barbudo (11); Ana Belén Peralba Lorenzo, de Pazos (12); e Alfonso Boullosa Rodríguez, natural de Chaín (13) e responsable local do BNG en Ponte Caldelas.
Os suplentes da candidatura serán Fernando Garrido Pereira, da Esfarrapada; Celia Cortizo Justo, de Cuñas; Santiago Martínez Diz, de Taboadelo; Manuela Carou Moreira, de Parada, Diego Márquez Ricón, de Cuñas; Luzdivina Cabadas Pereira, de Rebordelo; e Xosé Manuel Ares Casal, de Cuñas.