Andrés Díaz lidera un PSdeG-PSOE que busca ser a "candidatura do cambio" en Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha renovación dun 60% e cunha media de idade de 40 anos. Son as principais características da candidatura do PSdeG-PSOE de Ponte Caldelas para as próximas eleccións municipais, que volverá a estar liderada polo actual voceiro, Andrés Díaz Sobral.
Os socialistas presentaron a súa lista completa na Alameda da vila, na que Andrés Díaz afirmou que "somos a candidatura do cambio despois de 40 anos de maioría absoluta do PP" e avanzou que o seu será un goberno "de todos".
Nos primeiros postos da candidatura, o cabeza de lista do PSdeG-PSOE estará acompañado por Enrique Vidal Tellado, natural de Silvoso (2); Pilar Couto Seoane, natural de Xustáns (3); Fernando Bujedo Sousa, natural de Laxoso (4); Vanesa Lorenzo Vilariño, natural da Ínsua (5); e Jose Manuel Garrido Parada, natural de Chaín (6).
Tamén na lista socialista irán Alfonso Couto Ogando, residente en Caldelas (7); Alejandro Oubiña Mariño coñecido por Tolo e natural de Vilarchán (8); a actual concelleira María Inés Garrido Cabanelas, natural de Barbudo (9); Lorena Peso Paleo, natural de Tourón (10); Liliana Lorenzo Ogando, actual secretaria de Organización do PSOE local (11); Eusebio Manuel Martínez Gendón, natural de A Reigosa (12); e Beatriz Amoedo Vidal, natural da Ínsua (13).
Os suplentes da candidatura serán, destaca o PSdeG-PSOE, Daniel Martinez Rivas, María Soledad Cortegoso Couto, Urbano Bernárdez Diz, Christian Díaz Gonzalez, Manuel Lorenzo Piñeiro, Gabriel Garrido Cima, Ismael Lorenzo Santoro, Francisco Javier Vidal Martínez, Daniel Lorenzo Aguiar o Micael González Mouta.
Relacionadas:
-
O PSOE de Ponte Caldelas esixe a Perfecto Rodríguez que faga público o seu patrimonio
Por Redacción |
-
Lito Muíños, candidato dun BNG en Ponte Caldelas que está "preparado para gobernar"
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción |
-
Andrés Díaz presentará a súa candidatura na asamblea local dos socialistas de Ponte Caldelas
Por Redacción |