A Lama homenaxea a Olga Barreiro, que se xubila tras 32 anos como carteira de Seixido e Xesta
Por Redacción
Un cento de veciños de Seixido e Xesta participou na homenaxe a Olga Barreiro Portela, con motivo da súa xubilación despois de 32 anos ininterrompidos exercendo o seu labor como repartidora de Correos nos distintos lugares que compoñen estas dúas parroquias do municipio da Lama.
O acto contou coa presenza do alcalde así como varios empregados de Correos que quixeron acompañar á homenaxeada neste acto entrañable.
Á hora do café, Juan Carlos Piñeiro, representante veciñal de Seixido, e Mariluz Pontevedra, polos veciños de Xesta, fixeron entrega dunha placa conmemorativa e como agradecemento a Olga Barreiro polos seus 32 anos de servizo.
A homenaxeada recolleu emocionada a placa e agradeceu aos veciños esta mostra de cariño e recoñeceu que as tres décadas que dedicou aos veciños de Seixido e Xesta foron os máis intensos da súa vida.
Pola súa banda, Jorge Canda gabou a profesionalidade de Olga Barreiro "o que motivou non só o respecto e a admiración dos veciños que atendía diariamente a través da repartición do correo senón tamén dos compañeiros de traballo e do propio Concello da Lama, motivo polo que estamos todos aquí,".