Unha colisión entre dous tráilers e un turismo obriga a trasladar a unha persoa en Portas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O condutor dun turismo foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia tras colidir o seu vehículo con dous camións cando circulaban pola AP-9, punto quilométrico 113.500, ao paso polo concello pontevedrés de Portas, en sentido Santiago.
Un particular alertou ao Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia ao fío das 7:00 horas da mañá deste mércores e indicou que os tráilers interrompían a circulación da autoestrada.
O persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos GES de Valga e dos efectivos de Protección Civil de Portas. Tamén foi informado o servizo de limpeza e mantemento da vía.