Aberto o prazo para apuntarse ás tardes de balnearios para maiores
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O 30 de abril pecharase o prazo para participar no programa 'Coidarte' que pretende que os maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar poidan gozar de dúas horas durante cinco tardes das instalacións dalgún dos principais balnearios da provincia.
Este programa encóntrase financiado pola Deputación de Pontevedra coa adhesión de diversos concellos da provincia e os usuarios terán quen pagar entre 25 e 67 euros segundo o establecemento. Se o Concello ao que pertencen non forma parte deste programa, o prezo será de dez euros máis. No prezo inclúese a viaxe en autobús ao lugar seleccionado e unha excursión con guía acompañante.
Os balnearios que se inclúen neste programa son o da Illa da Toxa, o Pazo da Auga de Mondariz, as Termas de Cuntis, o Talaso Spa de Moaña, a Vía Argentum de Silleda e o Talaso Atántico de Oia.
Os interesados en inscribirse poden facelo a través deste formulario. A selección dos participantes será por orde de presentación de solicitudes.