Sete balnearios da provincia participan nunha nova edición do programa Coidarte
Por Redacción
Cinco tardes en establecementos termais da provincia a prezos reducidos. ÿ o que ofrece o programa diúrno de balnearios Coidarte, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Todos os interesados en participar nesta segunda fase poderán apuntarse, unha vez saia publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ata o próximo 30 de novembro.
En concreto, os balnearios ofertados no programa, aos que tamén poderán acudir os que se inscriban nesta segunda fase do programa, son o Spa Torre do Deza de Lalín, Spa Norat do Grove, Talaso Spa de Moaña, Talaso Atántico de Oia, Balneario de Mondariz, Hesperia Illa da Toxa e Termas de Cuntis.
O programa, que vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar, ten un triplo obxectivo: fomentar o envellecemento activo e mellorar da calidade de vida das persoas maiores, permitir que persoas que dedican boa parte da súa vida ao coidado de enfermos ou dependentes poidan ter un descanso e dinamizar o sector turístico.
A Deputación subvenciona con 35 euros o prezo de cada praza e os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros.
Na súa primeira fase inscribíronse unhas 1.800 persoas.
Relacionadas:
-
Aberto o prazo para apuntarse ás tardes de balnearios para maiores
Por Redacción |
-
860 prazas para coidarse nos balnearios da provincia
Por Redacción |
-
Louzán confirma que "hai espazo" para novas ofertas de turismo termal na provincia
Por Redacción |
-
A situación económica dos pensionistas reduce a súa participación nas actividades de ocio e respiro familiar
Por Oskar Viéitez |