330 controis de alcoholemia: tres positivos en alcohol e unha en drogas
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra sumouse á campaña da Dirección Xeral de Tráfico sobre control de condución de vehículos baixo a influencia de bebidas alcohólicas e drogas. Deste xeito, e dende o xoves, a Policía Local de Pontevedra realizou varios controis de alcoholemia en diversos puntos da cidade e ao longo do todo o día.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría da Policía Local de Pontevedra, en total lévanse practicadas 330 probas cun resultado de tres positivos en alcohol e unha en drogas.
A maiores das probas realizadas en controis estáticos, a Policía Local imputou un home por un presunto delito contra a seguridade do tráfico por conducir cunha taxa superior a 0.65 mg/l. Neste caso, e a través dunha chamada ao 092, sobre as 23:00, do xoves día dous de abril, púxose en alerta aos axentes de que un condutor dunha motocicleta circulaba por Rosalía de Castro en dirección o centro da cidade e que á vez que pilotaba, su condutor bebía dunha botella que levaba na man.
Instantes despois, unha patrulla localizou ao citado condutor circulando pola rúa Alcalde Hevia, en dirección Augusto García Sánchez. Cando os axentes procederon á identificación desta persoa, observaron que tiña claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcohol e comprobaron que tiña na man unha litrona de cervexa e dous máis nunha bolsa.
Sometido a proba de alcoholemia, este amosou un resultado de 0.87 na primeira proba e 0.94 mg/l na segunda proba.
O home, de 49 anos de idade, foi imputado por un presunto delito contra a seguridade viaria e a posterior inmobilización da motocicleta por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e carecer de seguro obrigatorio.
O home foi citado para xuízo rápido a próxima semana.